Monday 29 de April de 2024

O Club Náutico de Miño faise coa cuarta posición por equipos na VI Regata Provincial de piragüismo celebrada en Rianxo


• Déronse cita un total de 37 deportistas miñenses que obtiveron un total de 3949 puntos por clubs e conseguiron oito metais de maneira individual.

O Club Náutico de Miño volve estar de parabén, e é que os e as deportistas que conforman as súas distintas disciplinas volveron a casa cun traballado cuarto posto na VI Regata Provincial de piragüismo celebrada onte en Rianxo.

Acudiron á cita un total de 37 integrantes do conxunto miñense, que conseguiron un total de 3949 puntos por clubs e obtiveron oito metais de maneira individual.

Na desagregación das actuacións, Xoel Couce Seivane fíxose co primeiro posto na categoría prebenjamín masculina, e Xián González Otero obtivo o terceiro posto.

Na categoría benjamín feminina ‘A’, Clara Martínez García foi quinta. Na categoría benjamín feminina ‘ B’, Sofía Iglesias Blanco foi primeira, Valentina Allegue Vázquez foi segunda e Beira Tsion Vázquez Seijo terceira, facendo pleno no podio. Mentres, na categoría benjamín masculina ‘A’, Aarón Couce Seivane foi sexto e Miguel Rey Taracido décimo quinto. Na categoría benjamín masculina ‘ B’, Diego Monzón García subiu todo o máis alto do caixón, conseguindo o primeiro posto.

Por outra banda, Lola Freire Mosquera foi terceira e Manuela Losada Fernández foi sétima na categoría alevín feminina ‘ B’. Na alevín masculina ‘A’, Carlos Anca Leira foi quinto, Brais Pena Fernández foi oitavo, Hugo Anido García foi undécimo e Javier Veiga Latexe foi décimo quinto. Na categoría alevín masculina ‘ B’, Eloy Arnoso Mancuso foi sétimo, Teo Atiyat Abelleira foi noveno e David Novo de León foi décimo quinto.

No que respecta a os infantís, na categoría feminina ‘ B’, Julia Riveira Vidal foi oitava, Maleni Rey Taracido foi novena e Sara Sande García décimo sexta. Na masculina ‘A’, Pablo Crespo López foi undécimo, Miguel Santiago Penedo foi vixésimo segundo e Rubén Blanco Regueira foi vixésimo quinto. Na categoría masculina ‘ B’, Gael Alonso Costa foi segundo, Nuno Adonai Vázquez Seijo foi décimo terceiro, Mario Martínez García foi décimo noveno e Asier Miguel Noguerol foi vixésimo noveno.

Por último, na categoría cadete masculina, Noel Allegue Vázquez foi vixésimo segundo, Sergio Estévez Río vixésimo quinto, Raúl Prado Paz vixésimo noveno, Izan do Monte Sagasti trixésimo sexto e Juan Blanco López trixésimo oitavo. Na categoría feminina, Olalla Monzón García foi sétima, Clara García Sanmartín foi oitava, Celia Guerreiro Martín foi décima, Laura Monzón Balado foi décimo quinta e Irene Bedoya Iglesias décimo sexta.

O balance que fai o club é “tremendamente positivo”, e quixeron mostrar o seu agradecemento “tanto ás nais e pais pola axuda no transporte de material” como a “Gonzalo Losada, que puxo á nosa disposición o seu coche para poder levar ata Rianxo un segundo remolque con piragüas”, sinalaron.
Desde o goberno local trasladan o parabén “a todas as persoas que integran o club, que conforman un grupo humano excelente e estes resultados son froito de moito traballo”.